Historia contemporánea de Galicia. Finais do século XX principios do século XXI (Gallec)
- De
- Varios autores
- |
- HÉRCULES (2014)
- 9788492715886
Detalls del llibre
Ese é o novo reto de Hércules de Ediciones, que aborda as últimas décadas da nosa historia, con todo o que iso conleva: Dende a etapa preautonómica ata os primeiros presidentes
preautonómicos (Antonio Rosón e Xosé Quiroga Suárez), o primeiro capítulo debulla a maneira en que o artellamento político de Galicia da os primeiros pasos cara á democracia.
A seguir, a construcción da Autonomía comeza coas primeiras eleccións autonómicas, a constitución do Parlamento e o investimento de Xerardo Fernández Albor como presidente dunha Xunta que aínda non tiña sede fixa. O regreso dos restos de Castelao, o ingreso na Comunidade Económica Europea ou o nacemento de RTVG son algúns dos feitos máis salientables daquel tempo.
Unha moción de censura desbotou a Albor da cadeira presidencial e un novísimo Fernando González Laxe ocupou o seu sitio á fronte dun goberno tripartito que creou as universidades da Coruña e Vigo.
Manuel Fraga desembarca en Galicia para quedarse durante tres lustros: os grandes eixos de comunicación, o traspaso de competencias sanitarias, o Xacobeo , a Cidade da Cultura e,
finalmente, o Prestige.
Emilio Pérez Touriño na presidencia e Anxo Quintana na vicepresidencia, gobernarán catro anos poñendo o acento nas políticas públicas e na ordenación urbanística.
Alberto Núñez Feijóo convérsese en presidente ao primeiro intento e da un xiro completo á política anterior. Na peor crise da historia do noso país, coa extinción das caixas de aforros e a
desaparición do Banco Pastor, é quen de refrendar un segundo mandato.
A abdicación do rei Juan Carlos I pecha un ciclo convulso e de agotamento do modelo da transición, que se ten que reinventar.
- Enquadernació Tapa dura
- Autor/a Varios autores
- ISBN13 9788492715886
- ISBN10 849271588X
- Pàgines 536
- *_Grosor_* 40 mm
- Any Edició 2014
- *_Fecha de publicación_* 19/09/2014
- Idioma Gallec
- *_Alto_* 300 mm
- *_Ancho_* 220 mm
- *_Peso_* 1.500 g
- Audiència General / Comerç